previous arrow
next arrow
Slider
O Club
 
Fundado no ano 2012, o Cabanas Kdm é un club multidisciplinar, que xorde coa idea de fusionar o deporte e as actividades de tempo libre, nun lugar privilexiado como é a praia dá Magdalena de Cabanas, na comarca do Eume. En contraposición aos clásicos clubs de piragüismo, de carácter eminentemente competitivo, o Cabanas KDM busca poñer ao alcance de todos os públicos a posibilidade de realizar deporte nas súas múltiples variantes, cun fin fundamentalmente lúdico. Así mesmo, o club compite en todas as modalidades do Piragüismo con especial dedicación ao Kaiak de Mar.
 
O Club realiza toda a súa actividade competitiva ao amparo, como non podía ser doutra maneira, da Federación Galega de Piragüismo, e consecuentemente da Real federación Española de Piragüismo.

As múltiples regatas ás que se asiste forman parte das distintas ligas organizadas por ambas Federacións.

As dúas especialidades a nivel competición que se desenvolven dentro do Cabanas KDM son as augas tranquilas e o Kaiak de Mar.

Asístese ás ligas Galegas de Augas tranquilas e Kaiak de Mar, e aos Campionatos de España de ambas especialidades.

As categorías son Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes, Junior, Senior e Veteranos. Homes e Mulleres.

En Kaiak de mar: Infantís, Cadetes, Junior, Senior e Veteranos. Homes e Mulleres. Nesta disciplina existen as embarcacións Mixtas (Home/muller).

 

 

Patrocinadores...
Grazas por crer en nós

logopiekdm

Travesía do oito, 6 - 15621 Cabanas ( A Coruña) - cabanaskdm@gmail.com - 604 027 841

Síguenos en facebook logofacebook

Nota legal - Política de privacidade - Política de cookies