previous arrow
next arrow
Slider
Equipo de Competición
 
O Club realiza toda a súa actividade competitiva ao amparo, como non podía ser doutra maneira, da Federación Galega de Piragüismo, e consecuentemente da Real federación Española de Piragüismo.

As múltiples regatas ás que se asiste forman parte das distintas ligas organizadas por ambas Federacións.deputacion coruna logo

As dúas especialidades a nivel competición que se desenvolven dentro do Cabanas KDM son as augas tranquilas e o Kaiak de Mar.

Asístese ás ligas Galegas de Augas tranquilas e Kaiak de Mar, e aos Campionatos de España de ambas especialidades.

As categorías son Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes, Junior, Senior e Veteranos. Homes e Mulleres.

En Kaiak de mar: Infantís, Cadetes, Junior, Senior e Veteranos. Homes e Mulleres. Nesta disciplina existen as embarcacións Mixtas (Home/muller).

A Deputación da Coruña subvenciona a actividade de ámbito nacional do Cabanas KDM mediante a Convocatoria do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2022. A subvención concedida e de 8.078 euros.

Colabora...     04 concello

logopiekdm

Travesía do oito, 6 - 15621 Cabanas ( A Coruña) - cabanaskdm@gmail.com - 624 050 851

Síguenos en instagram log

deputacion coruna

Nota legal - Política de privacidade - Política de cookies