previous arrow
next arrow
Slider

Esta fin de semana o Cabanas kdm participou na Copa de España de Barco Dragon celebrada no encoro de as cunchas no concello de Muiños, Ourense. Desprazáronse trinta deportistas conseguindo o sexto posto na clasificación xeral por clubs entre todos os participantes procedentes de toda españa, sendo o segundo club galego. Ademais conseguíronse dúas medallas, bronce na categoría de DB10 open senior 500 metros, e prata en DB10 open senior 200 metros. A asistencia por parte de Cabanas KDM a regatas de carácter nacional, conta coa subvencion da deputación da Coruña, a través da linea 103c para clubs federados con asistencia a ligas nacionais.

Esta fin de semana os nosos/as padexeiros/as cadetes, xuvenís
, sub23 e veteranos/as participaron na Copa de España de Kaiak de Mar, celebrada en Vigo.

Esta competición de carácter nacional foi subvencionada pola Deputación da Coruña.

#cabanaskdmpiraguismo #deputaciondacoruña

Financiado pola unión europea, fondo europeo maritimo e dá pesca. o Cabanas KDM vén de realizar un proxecto de barcos dragon ao adquirir mediante a subvención de GALP Golfo Artabro Norte dous Dragón Boat de fibra de Carbono para 12 tripulantes cada un. O proxecto cun custo de 18500 euros é subvencionado nun 90 %. Con este proxecto esperamos achegar o paleo a un mais amplo rango de poboación. Especialmente ás mulleres afectadas de cancer de mama, xa que este exercicio esta indicado para previr os efectos secundarios de linfedema.

logo galp union kdm 450

Esta actividade ten ampla repercusión no Concello de Cabanas pola novidade da mesma, xa que se pode realizar durante todo o ano percutindo na desestacionalidade da oferta turística, deportiva e de lecer. Contribúe a divulgación do patrimonio natural do litoral do Golfo Artabro.

A Deputación da Coruña subvenciona a actividade de ámbito nacional do Cabanas KDM mediante a Convocatoria do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante os anos 2022, 2023 e 2024. Sendo a subvención concedida en 2024 de 8.078 euros.

Colabora...     04 concello

logopiekdm

Travesía do oito, 6 - 15621 Cabanas ( A Coruña) - cabanaskdm@gmail.com - 624 050 851

Síguenos en instagram log

deputacion coruna

Nota legal - Política de privacidade - Política de cookies