previous arrow
next arrow
Slider

Pasou o mes de agosto e asistimos aos tres campionatos galegos de pista que se celebraron en Verducido - Pontevedra.

O de xuvenís onde desprazáronse Jorge, Mateo, Yonatan e Andrea. Un excelente noveno posto en masculino e un trece en feminino, todos en finais e un grandioso cuarto no k2 1000 de Mateo e Jorge. Este posto é un punto de inflexión na traxectoria do KDM, entramos a pelexar nas categorías de maiores, e Jorge, Yonatan e Mateo son a nosa punta de lanza.

O Sábado 29 celebrouse o Campionato Galego de infantís. Espectacular o campionato realizado polo noso infantís. Aroa, Celia, Carlos, Borja, Teo, e Adrián. Todos en finais, destacar esta circunstancia. Os nosos padeeiros están todos en finais nun campionato en que ou estas entre os 18 mellores ou non puntúas, xa non vale a cantidade.

Conseguíronse dous campionatos galegos Borja en K1 Infantil B con autoridade do mesmo xeito que o mesmo en K2 con Carlos. Dous ouros gañados sen paliativos, ao grande.

Celia e Aroa bronce k2 Infantil A. Que alegría transmiten e que contentos estamos con elas no club, de estar no máis baixo animicamente, a ser terceiras nun Gallego. E virán máis medallas.

Ademais dous quintos postos de Celia e Carlos en K1.

Pero o mais destacable é a sensación de equipo que transmiten, e 7º posto por clubs en infantil masculino e 9º en feminino. Só hai que ver os clubs que quedaron por diante para darse conta do excelente dos resultados.

Ao día seguinte volveuse a verducido xa que lle tocaba aos cadetes. Despois do éxito do sábado era difícil deixar unha sensación de triunfo. Con todo hai que darse conta que a categoría de cadetes é a mais difícil con diferenza. Sabémolo os que levamos nisto moitos anos. Pois o equipo de Cabanas KDM quedo 10º no campionato mais forte que se celebra en España para esta categoría. Estiveron en finais pelexando con toda a súa alma. Grazas a Martín, Hugo, Valentín, Brais, Daniel, Miguel, Ignacio e Andrea.

Destacar o 3º do K2 de Martín e Dani, o 5º de Martín en K1, e o 6º do K4 de Valentín, Miguel, Ignacio e Dani. Temos un equipazo de Cadetes e o ano que vén volverán estar pelexando nas finais.

Hai que sinalar a difícil situación de realizar os adestramentos sen adestrador na auga durante un mes, e aínda así render ao mais alto nivel. É unha proba da madurez que están a alcanzar estes deportistas e que lles servirá para un bo desenvolvimiento futuro da súa vida.

Colabora...     04 concello

logopiekdm

Travesía do oito, 6 - 15621 Cabanas ( A Coruña) - cabanaskdm@gmail.com - 624 050 851

Síguenos en instagram log

deputacion coruna

Nota legal - Política de privacidade - Política de cookies