previous arrow
next arrow
Slider

A proba, de carácter amigable, está encadrada dentro dos controis do comité técnico da federación para o 2020.

O club de piragüismo e kaiak de mar Cabanas KDM acolleu a regata de inverno o sábado 8 de febreiro. Esta sexta edición contou con máis de 600 padeeiros de todas as categorías desde benjamín ata os máis veteranos.

O percorrido foi de 1500 metros para os máis pequenos ata os 5000 metros que percorreron os competidores sénior e veteranos.

Tras finalizar todas as probas, todos os padeeiros foron convidados a comer polo club (como vén sendo habitual nesta regata). Por último procedeuse ao sorteo dunha pa de carbono e á entrega de premios.

Colabora...     04 concello

logopiekdm

Travesía do oito, 6 - 15621 Cabanas ( A Coruña) - cabanaskdm@gmail.com - 624 050 851

Síguenos en instagram log

deputacion coruna

Nota legal - Política de privacidade - Política de cookies